O MILITAR estadounidense de maior rango, Richard Myers, asegurou que a resistencia iraquí -os insurxentes- mantén intacta a súa capacidade operativa. E dixo máis: asegurou que esa capacidade, ao día de hoxe, é a mesma de sempre, e dende logo, non inferior á de hai un ano, con entre 50 e 60 ataques diarios. Así as cousas, non se comprende moi ben que ese mesmo xeneral diga, na mesma ocasión, pero sen dicir por que: «Penso que definitivamente estamos gañando». Se refire á guerra, pero non se ve relación lóxica entre unha e outra afirmación. Pois, se as cousas seguen como hai un ano, máis ben será que a guerra a están perdendo. Ao mellor Myers e os seus amos non coñecen a traxedia de Antígona, na obra de Sófocles. É pena. Porque este ateniense do século IV a.C. ilustrounos para sempre sobre o triunfo da fraxilidade humana -Antígona- fronte ao poder arbitrario -Creón-: aínda que el non o saiba, o triunfo daquela sobre este é tan vello coma o ser humano. Vietnam, Beirut, Somalia ou Iraq tan só nolo lembran.