Schmitt, de moda

OPINIÓN

26 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

SORPRENDE que Robert Redeker, filósofo que pertence ao comité de redacción de Les Temps Modernes , propoña volver á lectura de Carl Schmitt, un home que di encarnar, con Heidegger, Gramsci ou Lukacs, a traxedia política, do pensamento político do século XX, ou sexa, a esixencia dun radicalismo absoluto. E tamén que ese mesmo autor pense que Schmitt sexa alguén que mostra, ao mesmo nivel dos outros ditos, esa traxedia da intelixencia, vista como radicalismo que abrangue os dous extremos do campo político contemporáneo: a fe no poder causal da idea pura, e a fe na vontade, o voluntarismo político. O totalitarismo ten atraído aos intelectuais, o que se explicaría polo radicalismo absoluto destes en política -misticismo laico que substituíu a outros ardores da fe-; polo que non está mal lembrar a Carl Schmitt, algo que celebrarán os neocons , que non o leron, e moito menos a progresía europea de hoxe, que tampouco o leu. Ler non está mal. Aínda que sexa a Carl Schmitt.