Reforma do Estatuto

OPINIÓN

24 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

TRES RAZÓNS, entre outras, vexo para que a reforma do Estatuto sexa unha cuestión de primeira magnitude: é a primeira ferramenta para o exercicio do poder, como sabe calquera. Un político queda descualificado se pensa o contrario, pois, en tal caso, é que non pensa, que é o que máis se dá entre nós. Sería suicida que os demais teñan ao día as súas ferramentas de poder e nós digamos, como por acá se ten dito, que tal cousa non é unha cuestión prioritaria. Para quen tal dixo a cuestión prioritaria era levar acougo ao seu amo de partido: o país é outra cousa, só un pretexto. As comunidades históricas, por teren linguas e culturas propias, deben chegar ao máis elevado teito de competencias nesas materias, porque son súas en exclusiva e non das demais. Non se pode aturar o actual ridículo que significa que o País de Gales poida ensinar o galés sen ningunha pexa e aquí nos digan babecadas como que coñecer as linguas cooficiais é un dereito pero non un deber. Competencias baleiras de contido non prestan.