CANDO un pensaba que no verán os políticos calarían, a nosa paz vese alterada de cando en vez polo baleiro das súas manifestacións, dispostos a non deixar que a vulgaridade nos envolva, non vaia ser que nese paréntese teñamos lecer para pensar e axustar as nosas ideas. Ao máis alto nivel do Goberno, unha voz asegura que «o Executivo ten a intención de colaborar co xuíz X.» -só faltaría que non- e outra que a reforma do Estatuto galego non debe dividir á sociedade -¿á sociedade ou aos políticos?-, ou tamén que «la barbacoa de Guadalajara era segura» -pois se non chega a ser.... Moitos pensan que a vacuidade dos políticos é semellante á dos técnicos en xeral. Pero non: estes poden ser ignorantes e ser bos técnicos, e aqueles tan ignaros coma estes, pero en xeral de moi pouca utilidade. A un técnico inútil bótaselle, pero a un político xa non é tan doado. O problema é dos máis complexos. Nalgúns países xa se pensa en solucións. Tardaremos moito en podelos copiar.