O DITAME da comisión de investigación do incendio de Guadalaxara, resumido nos xornais, contén algunhas medidas lóxicas ou agardadas, pero ningunha verdadeiramente radical -das que van á raíz das cousas-: rexeneración dos pobos afectados, propostas de formación homoxénea para todo o país, creación dunha empresa pública para a xestión ambiental, mellor cobertura de radio, telefonía e televisión. Vaise ás consecuencias dos incendios e non ás causas, pois non vexo que se fale de medidas para evitalos. Algúns pensamos que é posible conseguilo. Hai dúas medidas radicais ausentes do ditame: substituír por outras as especies de fácil combustibilidade, como o pino e o eucalipto, entre outras, e concienciar á xente, educala e civilizala, que é posible. En Noruega, por exemplo, non hai incendios, porque nos seus bosques teñen vexetación máis nobre e a sociedade é máis civilizada. Tampouco os hai en Galicia nas poucas zonas de carballeiras e soutos de castiñeiros. Pero os intereses privados.como sempre, privarán.