Diálogo, pacto, acordo

OPINIÓN

09 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

SE a política é por riba de todo a arte de equilibrar intereses contrapostos, non parece que se estea facendo política, ao menos dende algúns sectores da sociedade española. O barullo, o boureo e os berros terán que ver coas vísceras pero moi pouco coa serenidade de xuízo que esixen os problemas. Un caso típico de intereses contrapostos pode ser -e non tiña por que ser- o que provén da proposta de Estatut aprobado case polo 90% do Parlament. Pero aínda no caso de que o sexa, a política está para procurar acadar ese equilibrio de intereses. Deixemos que os políticos se entreguen ao seu labor. E os demais axudémolos. A política é diálogo -parlamento-, única maneira de chegar aos seus fins: ao pacto, ao acordo, á transacción. O que nos esixe cultura, civismo e democracia, valores que tanto se botan de menos nestes días co país que parece un galiñeiroo. Un sente vergonza, e pena, en comparanza co noso entorno europeo, porque seguimos sendo diferentes.