É UNHA tele fashion glamurosa guai. O primeiro día entrevistaron a Santiago Segura: entre amigos. Falou de «el pueblo de m¿», ou sexa, Viana do Bolo. Ten toda a razón, non se pode confundir autor con personaxe, e Torrente é un dexenerado. Segura, non. Había que envialo na próxima misión a Texas, e que acabase na silla eléctrica. O personaxe, evidentemente. A entrevistadora, fashion glamurosa guai, congratulouse de que Segura estivese alí e que non fose queimado polos galegos (Eva Hache dixit). Incluso houbo unha imitación, por parte de Segura, do acento dun autóctono clavadiño a Cañita Brava. Así nos ven na nova tele fashion glamurosa guai. Gabilondo, a esas horas, xa non estaba na cadea, tan coloreada e urbanita. Ignoro cánto tempo aguantará dando a cara de Cuatro. Non sei se Izaguirre, Boris, inundará coa súa fofa retórica todas as horas de emisión. Eu quédome con Robinson, que sabe coma min que Márquez ten que xogar de central no Barça. Quédome con el e agardo que Eva Hache e Segura pensen que hai outra Galicia: plena de luz, competitiva, talentosa, solidaria, currante. Non todos somos nin cañitas, nin bravas. Tampouco somos fashion glamurosos guais. Somos galegos. Mal-tratados, corazón.