Un orneo sectario

OPINIÓN

08 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

NON É cousa tan inxenua unha felicitación de Nadal se nela se agocha o peor sectarismo de que é capaz o ser humano, o que leva á negación dos que non son da nosa corda ou que estorban para o noso punto de vista. Refírome á felicitación de Nadal da Consellería de Cultura, xa comentada aquí por outros. O sectarismo que leva á exclusión, como é o caso, de xeracións enteiras, como Nós e Galaxia, importando pouco que sexan as máis anovadoras de Galicia, exclusión que se enche co baleiro de catro figurinos que ninguén coñece, leva a unha conclusión ben clara: que a incultura se instalou na Consellería de Cultura. Conclusión ben triste: dezaseis anos agardando por un cambio que un coidaba un ben para o país e resulta que o cambio foi para ir a moito peor. Porque a anécdota aquela de Carmina Burana, que foi nun tempo a triste risa deste desgraciado país, non é nada en comparanza co sectarismo paifoco a que me estou referindo. Dos que foron ou dos que viñeron, ¿quén ornea mellor?