De Castán a Hernando

OPINIÓN

15 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O CAUDILLO, máis sagaz que os seus herdeiros, puxo a Castán na presidencia do Supremo. Sen que fose un extraordinario xurista, que non o era, tiña prestixio. De Hernando din que é un bo tirador, cazador de osos -unha fortuna cada oso que se mata- e que é fundamentalista ao xeito neocón. Pero está visto que a finura intelectual non é o seu. Sempre que opina un presinte que vai disparar ao primeiro oso que se poña por diante -un pouco ao xeito de don Manuel-. Noutros tempos, a característica mellor do bo xurista era a elegancia. Hoxe, ímola perdendo. Pois os políticos están contaminándoo todo. As súas simplezas, o seu baleiro intelectual, a súa incultura¿ todo isto está chegando a todos os chanzos do Estado, emporcándoo, banalizándoo e, ao cabo, desprestixiándoo. A elegancia do xurista está sendo unha anécdota do pasado. Paréceme que vai ter razón Sartori: o ser humano está converténdose nun zombi intelectual, como se estivese regresando á súa orixe zoolóxica.