COMO é sabido, no sistema federal alemán os estados federados ou Länder dispuñan dun moi alto poder lexislativo no proceso de elaboración das leis federais, a tal punto que, en ocasións, moitas decisións do Goberno federal podían ser bloqueadas pola oposición no Bundesrat ou Cámara dos Länder. Os dezaseis estados federados, agora, chegan a un acordo co Estado federal polo que, en resume, van intervir menos no proceso de elaboración das leis federais a cambio de maiores competencias, por exemplo, en educación e investigación, medio ambiente, réxime penitenciario e remuneración dos axentes da función pública. Tomen nota os nosos políticos, e outros, destas tres cousas: 1) Dunha reforma moi profunda que se fai sen o menor insulto, só co diálogo e o sentido común; 2) Que a ninguén alá, ao revés de acá, tivo ningún medo a dar máis competencias aos estados federados; 3) Que alá nada se rompeu e que todo parece indicar que aínda se uniu mellor. Unha cousa é a política e outra esbardallar.