UN moi sólido traballo dos profesores Stephen Walt e John Mearsheimer, The Israel Lobby and US Foerign Policy, que está tendo moita actualidade nos EE.UU. e na Gran Bretaña, sostén que a invasión de Iraq, e en xeral a política exterior americana, non se explica sen as presións do lobby pro israelí -a chantaxe moral que di o Financial Times no número 1 deste mes-. Chomsky, que sempre defendeu que as razóns da invasión eran enerxéticas, di que o antes dito traballo «merece ser lido». O certo é que as razóns daqueles académicos parecen moi fundadas, tanto que James Petras subliña que se sorprende de que Chomsky non as teña en conta ou que trate de pasar de esguello diante delas. O Financial Times estima que é tal a chantaxe do lobby que condiciona non só a política exterior dos EE.?UU., senón tamén a interior, impedindo un verdadeiro debate sobre certos conflitos se afectan aos intereses de Israel. Se todo isto é así, xa podemos adiantar que vai pasar con Irán. Desacougantes revelacións.