01 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

NUNCA ningún país, nin ningún Goberno, procurou legalizar a tortura, sinxelamente porque sería unha vergonza. Ademais de que non é necesario, como ben sabemos. Pero Bush conseguiu que o Congreso aprobase unha lei que é unha das máis grandes vergonzas de toda a historia do ser humano. Trátase dunha lei que interpreta as Convencións de Xenebra para dispoñer que é tortura ou non, que concede aos torturadores liberdade para o seu traballo e que os libera de toda responsabilidade. Nunca o cinismo, nin a hipocrisía, nin a baixeza humanas puideron chegar a lindes tan deshumanizados. ¿Que pasa hoxe nos EE.?UU. para que o medo que o poder transmite paralice a moral de toda unha sociedade? ¿Decátase esta de que a invasión do Executivo está chegando cada vez máis lonxe e vai suplantando os demais poderes do Estado? ¿Tampouco chega a ver o grave risco de que se instale no país un poder nazi ou fascista disposto a actuar á marxe total de calquera lei que se interpoña no seu camiño para chegar ao poder absoluto?