O un por cento

OPINIÓN

22 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

PAUL Krugman sostén que a política de rebaixas impositivas de Bush só vén beneficiando aos máis ricos nunha proporción alarmante, tanto que os froitos da expansión e do incremento da produtividade non foron dar ao dez por cento dos máis ricos, senón ao un por cento destes. E, á par, o ingreso medio das familias, entre 2001 e 2004, por primeira vez en 12 anos, caeu nun 2,3 por 100, e os salarios reais nun 3,6 por 100. O endebedamento familiar chegou a un 34 por 100 entre 2001 e 2004, coa conseguinte redución do aforro. E o ingreso real de traballadores con formación universitaria caeu nun 5 por 100 entre 2000 e 2004. A política económica de Bush está xerando unha oligarquía moi rica, mentres que en xeral o resto da poboación ve rebaixado o seu benestar económico. Krugman, ademais, pensa que esa política faise con coñecemento de causa, procurando o efecto de facer máis ricos aos moi ricos sen importarlle o benestar dos demais. E véndese ao país como un ben para a sociedade. E esta, deica agora, foino crendo.