Corrupción en Iraq

OPINIÓN

19 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

STUART Bowen, auditor para a reconstrución de Iraq, dixo á BBC de Londres que o país estaba mergullado nunha nova «insurxencia»: a corrupción e o desgoberno. Pensa que puideron custarlle uns 4.000 millóns de dólares nun ano, algo así como o 10% dos ingresos do país. Boa parte dese diñeiro, di Bowen, está índose á resistencia, o que significa perdas para as tropas ocupantes. Por outra banda, unha partida de 14.000 armas destinadas por Estados Unidos ao Goberno iraquí, pista que o Pentágono perdeu, pénsase que foi parar á resistencia. Feito tan ilustrativo non precisa de moitos comentarios. Tendo en conta de quen procede a información, penso que nos dá unha idea moi aproximada desa outra faciana da «democracia» que os neocons ían levar a Iraq e a todo o Oriente Medio. Por agora é claro que se creou máis corrupción que democracia: esta non se improvisa, e a corrupción empeza por protexer a Gobernos caseños coidando que así nos serán máis fieis. Unha corrupción primeira da que dimanan ou traen causa as demais.