Bush e a intelixencia

OPINIÓN

17 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O DÍA 14 deste mes, The New York Times publicou un informe no que se dicía que, despois de catro anos de guerra, a intelixencia dos EE.?UU. consideraba que a chamada «insurxencia» segue sendo un misterio. Ou sexa, que non ten unha idea nada clara sobre o inimigo que está a combater. O que explicaría moitas cousas. Non hai un coñecemento fiable sobre a organización, mando, financiamento e operacións das milicias, nin tampouco da súa relación coas forzas de seguridade do Goberno. E fálase tamén do fracaso dos funcionarios de intelixencia para penetrar na guerrilla suní, ou para explicar o crecente poder das milicias xiís. Ademais, parece fóra de dúbida, di ese xornal, que un dos mellores negocios para os iraquís é vender á CIA e á intelixencia militar información manipulada ou errónea -o que tamén explicaría moitas cousas-. Se todo isto é así, un non se explica como Bush segue barullando e contando historias sobre unha vitoria despois de «rematar o traballo» -aínda que fose elixido por Deus para facelo.