Primeiro fracaso

OPINIÓN

07 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

DICÍA Valle-Inclán, e dicía ben, que España é un país onde a xente está sempre de volta sen ter ido a ningures. Agora todos saben que o proceso de liquidación de ETA ía ser un fracaso. Xa eles o dicían, aínda aqueles que sabían que en democracia hai que falar e pactar. Pero agora, diante deste primeiro fracaso, están de volta... sen ter ido a ningures. O proceso vai seguir. Non é unha lei da historia -non creo nelas-, pero é algo máis importante: é de sentido común. E vai seguir por moito que a dereita sinta o temor de que pode haber ZP para moitos anos, que ese é todo o problema. É máis: vai seguir aínda que haxa máis fracasos, que os vai haber. Ten que habelos, como pasou en todas partes. Non sabemos se hai dúas cabezas en ETA, se hai comandos sen control, se ten algún sentido, dende a óptica da banda, o atentado do día 29 de decembro. Pero todo o mundo xa sabía o que ía pasar. Unha vez máis, todos están de volta sen ter ido a ningures. Exercitémonos na democracia e non nos dogmas, aprendamos a dialogar e celebremos o pacto como a esencia da democracia.