A BBC fixo pública hai uns días unha sondaxe referida a 25 países de todos os continentes, na que foron entrevistadas 26.381 persoas, da que resulta non só a opinión negativa mundial sobre os EE.?UU., senón que demostra que, nos tres últimos anos, seguen baixando na consideración dos demais países. O maior grao de rexeitamento da política americana está na guerra de Iraq (73%), Guantánamo (67%), conflito Israel con Hezbolá (65%), programa nuclear iraniano (60%)... de maneira que un dos responsables da sondaxe dixo que, «de acordo co parecer mundial, os EE.?UU. non fan nada a dereitas nos últimos días». Nos mesmos EE.?UU. a desaprobación da guerra de Iraq é do 57% e un 54 % pensa que as tropas invasoras provocan máis conflitos dos que preveñen; e só un 33% cre que esas forzas cumpren un rol estabilizador. Ou sexa, que a política de Bush é abertamente oposta ao parecer do mundo. Pero vai seguir así, porque os negocios e os intereses que están en xogo en Iraq xustifican a súa teima -ou a súa irresponsabilidade.