25 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

ALGO se move nas relacións de Israel cos seus veciños, en especial con Siria. As conversacións secretas entre os dous países xa hai tempo que non o son. Israel comprendeu que a súa política de supremacía militar acabou, e que non ten outro camiño que pactar cos seus veciños. Coñécense, ademais, declaracións a moi alto nivel que manifestan o fracaso da estratexia militar dos EE.?UU. e o risco que corren dun fracaso conxunto. Está xeneralizada a idea de que os padriños americanos teñen unha «incomprensión total da realidade» e que sería un erro moi grave atacar militarmente a Irán. O maior problema, senón o único, é a política de Bush, que non só demostrou pouca simpatía polas conversacións con Siria, senón que fixo todo o que puido para torpedealas. Por iso tamén pensan en Israel que a política americana xa non sirve aos seus intereses, por máis que Olmert, coa boca pequena, diga o contrario. Ao veren que a súa seguridade non está garantida, pensan no pacto, no acordo, na transacción. Non hai dúbida de que algo se move.