Queixas desnortadas

| X. L FRANCO GRANDE |

OPINIÓN

10 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

O ESCRITOR Julio Llamazares, nun recente artigo, senta a suxestiva tese de que, nestas eleccións municipais, Madrid virou para a dereita porque sente que perde poder, porque as autonomías lle restan influencia e porque, xunto coa política de ZP, a capital séntese cercada, aínda tendo medrado o seu manifesto centralismo económico. Pode que teña razón. Pero non se explica moi ben que iso sexa así cando ocorre que a influencia, nas cuestións máis esenciais e verdadeiramente importantes, pasou a Bruxelas. O cerco non llo poñen á capital as autonomías, nin o nacionalismo periférico, nin ZP. Ponllo Bruxelas. Penso con Llamazares que a sociedade madrileña renxe por todo isto e olla de esguello aos periféricos. ¿Pero por que non a manifesta dependencia de Bruxelas, que lle resta máis poder que todas as autonomías xuntas? ¿Ou será que, por termos perdido soberanía dentro de Europa, non atura que aquí sexan autónomos outros territorios, e só considera lexítima e intocable a súa propia soberanía capitalina, ou o que queda dela?