En contra dos malos

OPINIÓN

06 mar 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

No verán do 2010 o actual fiscal xefe de Andalucía, Jesús García Calderón, facíame en privado unha advertencia que me estremeceu: «Estamos a piques de perder a guerra contra a corrupción». Sorprendeume e preocupoume tal apreciación porque pensaba que iso non sería posible nun país das características deste. Ano e pico despois, e logo de ver algúns aspectos do sumario da operación Campeón, teño que darlle a razón plena ao fiscal.

Resulta difícil saber o que no seu momento decidirá esa caixa de sorpresas chamada Xustiza, pero os presuntos manexos que se traían algúns empresarios e políticos de todas as cores son un espectáculo vergoñento. É necesario investigar hasta o final e sen ningún tipo de freo, para poñer no lugar que corresponde aos que levan a cabo comportamentos presuntamente viles e ruíns.

Aínda que por veces a cabeza lévame ao contrario, non quero nin pensar que esa guerra á corrupción estea perdida. Esa batalla debe reunir aos bos para loitar firmemente contra os malos.