¿Somos átomos sociais?

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira EL MIRADOR DE LA CIENCIA

OPINIÓN

Nos países con saúde democrática os seus cidadáns votan libremente e sen coaccións. A crenza no libre albedrío podería levarnos a pensar que pode haber moita variabilidade e incertidume nunhas eleccións. Pero, nun mundo cada vez máis conectado, as persoas interaccionan unhas con outras. A Física dinos que, cando unha serie de elementos se conectan e empezan a comunicarse entre si, aparecen fenómenos de homoxeinización do conxunto que son predicibles, como se a sociedade se comportase como unha rede de átomos. Ocorre, por exemplo, no emprego das linguas galega e castelá, cuxa evolución no tempo se puido describir en 2005 con dúas ecuacións. No caso da política, dende hai unha década a ciencia está a descubrir certos patróns de comportamento electoral que son de carácter universal; é dicir: existe unha dinámica colectiva de movemento do voto que é a mesma en Italia, en Polonia ou en Finlandia. E non só é invariable de país a país, senón que o é tamén ao longo do tempo, facendo que sexa igual a de Italia nos anos 50 que a de Finlandia na actualidade. ¿Como decide vostede o seu voto?