05 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.
Só a república garante a igualdade política cidadá. Triste alegría o procesamento dunha infanta que tentaba ser socialmente común; de aí as súas andanzas e o seu destino actual, tan desgrazadamente común. Como alegrarse, como fan algúns e non precisamente na esquerda, de que a república se achegue por deterioro do réxime monárquico. Moito máis republicano me parece promover unha ILP (iniciativa lexislativa popular) para un referendo que permita decidir libremente, por fin, entre república e monarquía. Moito máis democrático e construtivo que aproveitar a ruína monárquica.