Entre dúas augas

OPINIÓN

14 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Sen entrar no caso da secesión catalá, refírome agora tan só a algunha das estrañas maneiras de informar sobre as críticas que mereceu o tan traído e levado texto de Felipe González. Nun xornal capitalino avisan de que a oferta de diálogo de FG mereceu descualificacións e ataques á súa persoa.Pero no texto informativo só lemos que uns apoñen a FG a defensa das mesmas teses da dereita española, outros comparan as súas propostas para Cataluña coas de Aznar: medo, apocalipse, exabruptos. Outro equipara a FG co ministro do Interior (aseguran que os dous queren súbdito, non cidadáns), ou que só falta que a Conferencia Episcopal excomungue aos independentistas, ou, en fin, que se puidese faría guerra sucia, en alusión aos Gal. Xa é máximo sectarismo confundir a discrepancia política, lóxica e democrática, que o que anuncia o titular, que será co que a xente se quede. Ningún dos supostos sinalados no parágrafo precedente pode ser conceptuado como descualificación persoal de FG, nin como ataque persoal ao mesmo, quedando confinadas esas críticas ao ámbito da discrepancia política. Unha cousa é a aberta e total confrontación e outra o ataque ou a descualificación.Por outra banda, non é certo, como suxire o xornal, que as críticas se opoñan á oferta de diálogo de FG, pois, xusto por non telo habido e por ter sido substituído polo portazo, que tanto se ten gabado como desprezo a Cataluña, se chegou á situación en que estamos. Acción política é o que sempre reclamou Cataluña e o que sempre se lle negou .¿Será que hai unha incapacidade conxénita a este país para entender o caso de Cataluña, e outros? Pode que non. O que si hai son intereses que levan a dar as noticias dunha maneira ou doutra. O dubidoso é que tal cousa sexa informar.