A legalización do PCE e a forma en que se fixo, deixaba ao presidente do Goberno e ao rei en situación tan difícil ante os altos mandos do Exército -sobre todo despois da dimisión do ministro de Mariña-, que Suárez enviou unha mensaxe a Carrillo, pedíndolle que se abstivese de eloxialo. O líder comunista declarou en Cannes aos medios de comunicación: «Yo no creo que el presidente Suárez sea un amigo de los comunistas. Le considero más bien un anticomunista, pero un anticomunista inteligente que ha comprendido que las ideas no se destruyen con represión e ilegalizaciones».
Non había que dar ao Exército máis pretextos para intervir, e Suárez e Carrillo pactaron unha celebración sen o menor desorde na rúa e a desaparición da bandeira republicana. Todas as prevencións eran poucas porque, en palabras de Victoria Prego, «en esos momentos se está fraguando en el seno de las Fuerzas Armadas una rebelión formidable en la que la cabeza de Adolfo Suárez y la del rey están ya peligrosamente en juego».
Explícallo José Mario Armero, fiel colaborador de Suárez, a Teodulfo Lagunero, amigo e protector de Carrillo: «Hay que apoyar al rey, hay que apoyar a Suárez. ¡Su cabeza no vale un duro en estos momentos!».