«Supermuller»


Estabamos a ver unha desas series de superheroes, pois ese é o xeito que teño de que o meu marido non rosme cando logo propoño ver un documental sobre, por exemplo, Las Sinsombrero. O caso é que comezamos a falar sobre a falta de representación de heroínas no imaxinario colectivo, e rematamos falando dos «superpoderes». Pareime a pensar na mera idea dos superpoderes, do que significan e de como se significan, e en cales son as capacidades que fan a unha un superhome.

Comecei a escribir esta columna coa idea de cuestionar o contido e forma dos superpoderes, mais decateime de que o dicionario da Real Academia Galega ten por aceptada a palabra superhome pero non supermuller. As definicións de superhome segundo a RAG son dúas: unha é unha referencia filosófica e a outra é «Home de calidades moi superiores aos demais». Non hai supermulleres como tal; segundo a nosa lingua non existe ese concepto, e, se a lingua reflicte a nosa realidade, entón as heroínas son tan invisibles (en comparación cos heroes) que nin tan sequera aparecen como palabra. E non quería entrar no debate sobre o uso do masculino xenérico, pero, formulado de xeito práctico, segundo o noso dicionario, un pai podería ser un superhome pero unha nai tería que ser un superhome tamén.

Realmente esta columna ía ser unha reflexión comparativa sobre os superpoderes dos heroes e os das heroínas. Quería escribir sobre o infravalorado superpoder de emocionar, pois a miña intención era celebrar o nacemento da heroína que aínda hoxe nos fai sentir cousas tan profundas como imposibles de expresar: a supermuller Rosalía de Castro, que este domingo faría 182 anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
28 votos
Comentarios

«Supermuller»