Os tempos do clima


Hai anos sorprendeume ler -por obvio- o primeiro punto do informe do panel de expertos da ONU sobre cambio climático: dicía que o quecemento do planeta é debido á actividade humana nun grao «extremadamente probable». Pero co tempo entendín que era necesario dicilo, e lembrar de paso que, para que un panel tan numeroso dunha institución tan grande acadase consenso na redacción dese punto, tivo que haber unha contundente evidencia experimental.

Dígoo porque as posturas negacionistas seguen aí, de forma velada. Escúdanse no feito de que a Terra estivo e estará sempre sometida a cambios climáticos, ou que o nivel do mar ten oscilado centos de metros, o cal é certo. Estes novos negacionistas non negan que haxa cambio climático, senón que negan que sexa de orixe humana (o cal vai en contra da evidencia científica), ou ben din que «non é tan grave». Pero esquecen que o grave non é o cambio en si, senón a velocidade á que este se produce. Para a escala de tempo do clima, a subida de 1 grao na temperatura do planeta en só decenas de anos é case un cataclismo. Ademais, a física indica que o que para algúns son pequenos cambios pode ter consecuencias desproporcionadas (por non falar do que sería a subida de 1-2 metros do nivel do mar nun século). Por certo, acaba de comprobarse que as predicións feitas hai 50 anos polos primeiros modelos físicos do clima (simples e con ordenadores pouco potentes) acertaron bastante ben. Se isto foi así, imaxínense o nivel que teñen as predicións feitas na actualidade, con ordenadores moito máis capaces.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
22 votos
Comentarios

Os tempos do clima