Construir o futuro

Antón Gómez-Reino GALICIA EN COMÚN

OPINIÓN

Brais Lorenzo

13 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O primeiro é agradecer o apoio da xente que nos votou. Nunha situación tan difícil como esta pandemia quero dar as grazas as persoas que apoiaron ao espazo de Galicia en Común, e a toda axente que participou na campaña.

Os resultados destas eleccións son moi decepcionantes. Un fracaso para Galicia que non conseguiu vencer a Alberto Núñez Feijoo. O conxunto da esquerda non alcanzou a derrotar ao Partido Popular e iso non se corresponde coa demanda da maioría progresista do país e, pola nosa parte, lamentamos non poder contribuír ao cambio.

Os resultados son un fracaso sen paliativos para Galicia en Común. O noso electorado castigou os conflitos internos, a confusión e a falta de continuidade do proxecto galego. A enorme forza que tivo o espazo galego do cambio foi dilapidada con lóxicas políticas contrarias ao que representamos. Agora pagamos os erros acumulados de moito tempo. É xusto recoñecelo e a cidadanía fíxonolo ver así.

Imos tomar boa nota dos resultados, agora toca facer unha autocrítica con serenidade e en profundidade. Centos de miles de galegos e galegas confiaron nun proxecto que agora viron frustrado.

Toca aprender dos erros e pensar cara adiante. Seguimos convencidos da nosa utilidade para a sociedade. Hai espazo político e hai espazo cidadán para asegurar que a Galicia progresista está en condicións de vencer á dereita e construír un país á imaxe da súa sociedade e que non deixe a ninguén atrás.

Cara adiante hai catro anos para repensar un espazo que ha de ser moi diferente ao que foi.

O futuro ten que ser diferente. Temos que construír o futuro de novo