O medo ao «trumpismo»

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

CARLOS BARRIA | Reuters

22 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Sorprendéronme as declaracións de Isabel Allende sobre o medo que lle inspiraron as eleccións e tamén o actual período postelectoral en Estados Unidos: «Vivo la situación transpirando, con tremenda angustia y con una tensión enorme. Se ha visto cómo es este país. Más de setenta millones de personas votaron a Trump». Non se trata dunha pobre señora latina que teme o odio dos xenófobos partidarios de Trump ou que ve perigar o seu traballo. É unha escritora famosa en todo o mundo. Pero sente unha angustia que trastorna a súa vida diaria. E aínda que haxa unha dose de esaxeración novelesca, é rechamante que confese: «Paso los días entre whisky, marihuana, pastillas para dormir y Valium».

Trump conseguiu inspirar medo non só aos máis pobres e débiles, aos seus veciños mexicanos ou aos inmigrantes, tamén aos que se sentían instalados nunha democracia antiga e estable.

Esa capacidade de atemorizar creo que é o que levou ao noso actual presidente a utilizar o trumpismo como unha arma contra a oposición. En lugar de responder aos reproches do PP polos seus pactos con etarras e separatistas cataláns, limitouse a dicir que os do PP representan o trumpismo e que terán o mesmo fracaso nas urnas. Pero, curioso paradoxo, en lugar de refutar con datos os ataques, limitouse a utilizar a mesma estratexia que Trump, acusando os seus rivais políticos de mentir e usar fake news.

Eu prefiro pensar nos millóns que non votaron a Trump. Pero o que me dá medo é que o trumpismo se converta aquí a un tempo nun coco co que atemorizar ao electorado e ao mesmo tempo nun modelo para gañar as votacións.