A Axencia de Intelixencia Artificial

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

OPINIÓN

Santi M. Amil

08 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Nun raro esforzo do Goberno de España, algo pode non ir para o burato negro de Madrid que todo engole. Seica a Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (AESIA) vai ser instalada en calquera lugar do Estado. Quen ve España como un ente socio-político equilibrado aplaude o policentrismo. Ora, con este vén a competitividade e ante a nova axencia cómpre que os competidores fagan as manobras con xeito.

Galicia arrastra un vello dito (cuxa orixe discute o profesor Callón no seu Libro negro da lingua galega): «Somos galegos e non nos entendemos». No posicionamento de Andalucía pola AESIA ninguén lle discute a posible sede en Granada, en canto no Impaís Galego xa apareceron as primeiras tensións sobre a súa localización. Esperemos logo que se use a intelixencia natural para chegarmos a un acordo de país, sen «galegadas», como dirían os portugueses. E, falando deles, cumpriría salientar para comisión informadora de ofertas ao Goberno unha vantaxe de Galicia sobre Granada, hai moito culturalmente afastada de Marrocos: unha eurorrexión consolidada e un mundo que se expresa no idioma máis falado no hemisferio sur do globo. Á España da ciencia interésalle a súa proxección nos espazos da lusofonía e Galicia é a ponte natural cara a eles: a calor humana supera o frío da intelixencia artificial.