Costa do solpor

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira O MIRADOR DA CIENCIA

OPINIÓN

ANA GARCIA

13 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O solpor en Galicia ten un encanto particular, pola imaxe que ofrece sobre o Atlántico e por ser sinal de identidade como terra do fin do mundo. Ademais, dende o 18 de agosto ata o 19 de setembro, a Costa da Morte será o último lugar no que se despide o Sol de Europa continental. Por riba, o 18 de agosto prodúcese un curioso aliñamento: o último atardecer europeo ten lugar ao mesmo tempo que o último do continente africano.

A beleza natural e a maxia deses momentos están a ser cada vez máis apreciados polos turistas, ao punto de que teño visto en Fisterra aplausos multitudinarios cando o astro rei desaparece baixo a liña o horizonte. Non está de máis lembrar que non se debe mirar directamente ao Sol (polo dano que se causaría na retina), a non ser que este se perciba moi tenue nos últimos momentos antes de ocultarse. E é que o Sol é unha bomba atómica de fusión, aínda que comprender iso non foi trivial.

Non foi ata 1833 que John Herschel describiu como o Sol é a clave para a vida na Terra, mais a comprensión do seu funcionamento precisou das contribucións de egrexios físicos ao longo do século XX. Albert Einstein (Nobel en 1921) estableceu a equivalencia entre masa e enerxía en 1905. En base a el, Eddington foi en 1920 o primeiro en suxerir (acertadamente) que a enerxía do Sol podería vir da conversión de hidróxeno en helio. Unha pléiade de xenios da física coma Bethe (Nobel en 1967, e nome de moda agora pola película Oppenheimer) e Chandrasekar e Fowler (Nobel en 1983) acabaron descifrando como funcionan as estrelas.