Móvense en grupos, sobre todo de homes novos e falan entre eles de viva voz desde unha punta a outra do paseo, non se achegan, comunícanse a berros a distancia. Falan en linguas que non son románicas, é dicir, derivadas do latín (castelán, portugués , francés, italiano, romanés, galego, catalán, e criollo haitiano) Probablemente falan en árabe ou nalgunha lingua eslava, próxima ao ruso, ao polaco ou ao checo. Os españois, que somos os aborígenes, ou sexa, os habitantes primitivos do poboado, non os entendemos, e iso produce malestar. Atila, rei dos hunos, alá polos anos 430, aterrorizou aos gobernantes do decadente Imperio Romano coa frase «onde pisa o meu cabalo non volve crecer a herba» e conseguiu que lle pagasen cuantiosos tributos para non ser atacados por el. Non quero dicir que estes novos bárbaros sexan como Atila, pero móvense e actúan como quen pisa terreo conquistado. Non mostran nin aprecio nin respecto polos costumes do lugar. Non se sabe cantos son, pero véselles acotío e en todas partes. Non se sabe se teñen casa ou se dormen ao raso. Todo iso vai creando ao redor deles un sentimento de rexeitamento, unha xenofobia preocupante. Atila foi derrotado por primeira vez na batalla dos Campos Cataláunicos polo seu antigo amigo Flavio Aecio, que aprendera nos campamentos de Atila as artes da guerra. Atila retirouse aos seus dominio e viviu felizmente ata a súa morte no 453, dunha apoplejía na súa noite de vodas. Vese que o home non estaba xa para eses trotes. Todo o que empeza acaba.
Esta invasión acabará tamén. Como? Eu, por idade, non o verei, pero probablemente nunha sociedade de extrema dereita. Iso é o que pasa cando as esquerdas fano mal. Ollo ao parche!