«Vostede, residente, ten que aparcar na zona sinalada ós efectos»

OPINIÓN

ALBERTO LÓPEZ

19 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Calzada da Ponte: ¿perseguidos?

Érase unha vez a Calzada da Ponte, rúa lucense na que os veciños, a poder de anos de se coñecer máis ou de se respectar alí onde se coñecían menos, se ían comunicando e relacionando sen desavinzas de interese que lamentar no cotián. Érase unha vez outro poder que non se chamaba precisamente o dos anos e como tal quixo obrar en forma teórica e reforma.

Das obras rematadas, ó quinto ou ó sexto día xa se derivaron desacordos, crispación e inconvenientes: auga de chuvia nos portais por defectos varios nas porcentaxes de inclinación do firme, rotura de bloques e esnaquizares literais das tapas de rexistros con moi pouco tempo de uso... Conte aquí cada quen o seu. Aínda por riba, sancións impostas sen tregua ós residentes, que dun día para o seguinte quedaron sen prazas de aparcamento, pasando de entendérense a sentirse directamente perseguidos, sen oferta de solución nin previo aviso.

Dicimos que perseguidos, si; obrigados a ocupar unhas prazas que non hai e multados: «Vostede, residente, ten que aparcar na zona sinalada ós efectos». O único problema é que esa zona está invadida as máis das veces por non residentes, cuxos vehículos se supón non deben acceder á rúa e ós que non se sanciona; e por residentes ós que tampouco se sanciona caso de non as empregar con legalidade.

Perseguidos: non deixándolles nin baixa-la compra sen que encontren á volta unha receita ou incluso séndolles a factura regalada ás 3 da mañá, como quen agarda agochado nun silveiro, para maior tranquilidade dos que se renden no frío da noite non encontrando onde aparcar. Sobresaltados porque observan que non se dá a igualdade necesaria entre humanos.

Autoridades competentes: razoen. Os veciños queren deixar aquí un recordo e agradecemento para aqueles membros da Policía Local dos que foron tratados con profesionalidade e amabilidade. Veciños de Calzada da Ponte Viva. Lugo.

Contos da Consellería de Educación

Érase unha vez un conselleiro de Educación que exclamou: «Caixas de uvas para todos... e gratis!». O pobo, que pensaba que as uvas das súas terras eran moi boas, aceptou con entusiasmo a pesar de que sabía que non eran gratis, xa que llas cobraron doutra banda. No inicio da tempada, as caixas chegaron, pero chegaron baleiras, sen uvas. O pobo, estrañado, pediu explicacións porque parecía un erro. Non houbo ningunha resposta, aínda que seguiu parecendo un erro, porque o conselleiro de Educación seguía exclamando «caixas de uvas para todos e gratis!».

Cóntoo como un conto porque é o que parece e porque, sendo conselleiro de Educación, se cadra percibe o paradoxo á que está a incorrer nosa Xunta. Polo si ou polo non, explicou que se baixaron as ratios (pero non), déronse apoios para o alumnado con necesidades educativas especiais (pero non) e que as uvas son o profesorado e os recursos que lles corresponden ao alumnado galego, as caixas os colexios e o pobo as familias. Familias que criamos que unha educación podía ser pública, de calidade e universal (pero non). Verónica Robles García. (nai do ANPA nós Oleiros).

El sistema educativo está caducando

Recientemente se han comunicado una serie de cambios en el modelo de exámenes de selectividad que han reabierto el debate de la necesidad de una reforma en el sistema académico hacia una educación más práctica y reflexiva, que deje atrás el modelo memorístico. Nuestro contexto ha cambiado, nuestra educación también debería.

Hace siglos, este sistema empezó en sociedades con características similares y estáticas, con pocos avances en la tecnología, jerarquización, gobiernos, demografía, etcétera. Otro factor importante es que en el pasado no existían casi fuentes de información aparte de tu familia, por ello la educación era clave.

Pero nuestro mundo ha dado un giro. Nos encontramos en una sociedad que cambia cada década y que cada vez más cuesta predecir. Además estamos en la era de la sobreinformación, a un solo clic puedo tener más información de la que posee una biblioteca o todos los textos que se enseñan en clase.

Los alumnos no necesitan recibir más información, necesitan que los profesores les enseñen a pensar, a reflexionar y a analizar todo ese contenido. Por ejemplo, más temario de informática o filosofía, reduciendo toda la historia y teoremas que ya tienen en la nube. La nueva generación no necesita más conocimiento, sino saber qué hacer con ello. Ana Peraza García. Lugo.