Afastadas do país das marabillas
Hai uns días discutía cunhas amigas sobre a «conciencia de clase». Inda que se trataba dunha charla sen acritude, co paso dos minutos a conversa era tensa. Ás veces hai algo inconfortable en falar de clase baixa, baixa media, media baixa, media, media alta, alta, alta, alta... O primeiro paso era que cada unha de nós se colocara no caixón do que se consideraba; despois, as demais tiñamos que definir onde considerabamos que estaban as outras. O resultado foi bastante sorprendente.
Na novela de Elena Medel Las Maravillas (Anagrama, 2020) atopei moitos aspectos que xa procurara noutras obras, pero mergulleime na súa novidade: Medel escribía sobre a pobreza do traballo das mulleres con honestidade, sen poesía, e coa fealdade que implica a falta de recursos. E faino tamén dende o reflexo dos ollos da infancia, o cedo que unha crianza se pode decatar de que a súa situación económica é máis dura (e, probablemente, así o será sempre) que a de outras compañeiras da súa contorna. Esta Alicia estaba ben afastada do país das marabillas.
Volvendo á charla coas amigas, unha delas indícame que, se agora mesmo eu tivese a posibilidade de dobrar á miña nómina, a miña situación melloraría considerablemente. Fíxome rir: a situación é utópica, pero, de acadala, o meu patrimonio, xa coa miña idade, non podería medrar demasiado. Ela, dunha posición moito máis acomodada, indica que ela tamén se esforzou moitísimo e que ninguén lle agasallou nada. Iso púxome triste, pero non sabía que replicar. Non debe ser doado darse conta dos privilexios dos que se nace sen avergoñarse deles, ou sen crer que hai unha responsabilidade social cos mesmos.
Pero, haina?
O pasado 13 de outubro, unha manifestación encabezada polo Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Madrid encheu as rúas para reivindicar a situación dramática dos alugueres nesa cidade e no resto da xeografía nacional. Un problema que medrou coma unha enfermidade sobre diferentes sectores da poboación que non poden acceder a unha vivenda digna sen sacrificar case todo o seu poder adquisitivo. O máis sorprendente (e indignante) das imaxes dese día é a cantidade de persoas que non secundaron a manifestación e que, ademais, culpan ás vítimas (semella un xeito adecuado de definilas) das rendas desorbitadas de chegar a esa situación. A solidariedade á que apelaba a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez García, brilla pola súa ausencia. Miriam Beizana. Vigo
Creo que soy algo más que una «quince barra»
En la sanidad pública simplemente soy una «quince barra», sin más pretensiones que la de ser tratada con respeto y de manera eficiente. Esta carta al director es fruto de la desesperación por la actuación recibida del servicio de traumatología a lo largo de varios años: diagnosticada de una patología susceptible de cirugía (cuyo seguimiento ha recaído casi exclusivamente en mi médico de familia), finalmente se fija como fecha de la intervención el pasado lunes 21 de octubre, pero al mediodía del viernes anterior, día 18, recibo una llamada del Chuac para informarme de que se anula la intervención «por falta de quirófanos y cirujanos».
Con anterioridad a esa anulación se me ha hecho el protocolo prequirúrgico, incluida la consulta de anestesia, y he debido modificar mi tratamiento habitual. ¿Y cómo me siento ahora? Pues, principalmente, preocupada y enfadada, por ver y sufrir la decadencia de una sanidad pública que ha sido ejemplo para muchos países de nuestro entorno; preocupada y enfadada, por una sanidad pública con responsables que no están a la altura de casi todos sus profesionales; preocupada y enfadada por el trato a veces displicente, como en este caso, que permite entrever, a lo largo de todo el proceso, indiferencia hacia mi persona. Teresa Nadal. A Coruña.
Impuestos a ventas de segunda mano
Plataformas como Vinted y Wallapop me han permitido alargar la vida útil de prendas que ya no utilizaba y recuperar algo de dinero, lo que me ha ayudado a renovar mi armario y contribuir a un consumo más responsable. Recientemente leí que se planea introducir impuestos en las ventas de segunda mano, lo cual me parece innecesario, ya que los impuestos de esas prendas ya han sido pagados. Esta medida crea un nuevo obstáculo para que los jóvenes, que generalmente tenemos poco poder adquisitivo, adoptemos un estilo de vida sostenible y contribuyamos a cuidar del planeta. Irene Fernández Arango. Barcelona.