«Dependencia: miña nai morreu sen recibir ningunha axuda»

OPINIÓN

SANDRA ALONSO

04 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Por un mundo máis amable

Varias xeracións do noso país loitaron por ter unha sanidade pública de calidade. Os nosos maiores forman parte desas xeracións loitadoras, que mudaron o mundo coa forza das súas mans, cos desexos de que os seus fillos e fillas tiveran unha vida mellor. Agora, os seus fillos e fillas sostemos as súas mans nos derradeiros días das súas vidas, coa ansia de poder ofrecerlles tranquilidade, paz e certeza… de que todo sairá ben!

Hai dous anos solicitei as axudas de dependencia á Xunta de Galicia. Toquei a moitas portas neste tempo, inclusive á Valedora do Pobo, mais como o problema é estrutural e de recursos ninguén pode facer nada. Miña nai morreu sen recibir ningunha axuda.

Neste tempo foi diagnosticada de demencia frontotemporal, polo que precisaba moita atención nun lugar especializado. Pasou por dúas operacións traumatolóxicas e traumática. Na primeira, nun hospital de Ferrol, non lle permitían a ela nin ao resto dos pacientes tomar a medicación psiquiátrica. Iso daba lugar a que tanto pacientes como familiares e sanitarios vivisen situacións tensas e inhumanas, que se poderían evitar con coordinación interprofesional. Na segunda operación, nun centro da Coruña, parece que é habitual que o servizo médico non informe aos familiares ao saír da intervención. Fiquei seis horas na sala de espera de cirurxía agardando por un doutor ou doutora que me dixese se todo saíra ben. Nesas horas, por suposto que abrín portas que poñían Non Pasar, crucei por pasos que non estaban permitidos, e interrumpín o paso a persoas de verde, de branco e mesmo de gris que cruzaban o corredor, mais ninguén me soubo dicir por qué o cirurxián non viñera a falar comigo.

Cando o futuro chegue sen pedir permiso, os adultos de hoxe seremos os maiores de mañá.Precisamos estrutura, recursos, pero tamén humanidade dos traballadores e profesionais.

Os ollos énchenseme de bágoas de impotencia por tan pouca empatía demostrada. Os maiores precisan un entorno amable, confiable, humano, compasivo e libre de dor para cando xa non poidan entender este mundo.

Os familiares precisamos que se nos atenda con respecto. Non pedimos favores! Non temos que pedir permiso para falar! Temos que facer valer os nosos dereitos e non permitir que se nos ningunee así! Debemos unirnos, queixarnos das inxustizas e do que queremos cambiar. Por eles hoxe, por nós mañá! Magdalena Alonso Franco.

Burocracia

Encargado por mi suegra presenté, en noviembre del 2023, la documentación para solicitar ayudas a la dependencia para personas necesitadas que viven solas y cobran una pensión ínfima. Me indicaron que el plazo de respuesta era de seis meses, y, después de múltiples gestiones, a finales de octubre de este año fueron a su domicilio para hacerle la valoración. Han pasado 30 días, me pongo en contacto con la Xunta y me indican que la respuesta tarda un año. ¡Increíble! ¿Cómo es posible que a una persona dependiente de 95 años se tarde un año en valorarla y otro año más en decidir si le otorgan la ayuda o no? ¿Cuántos abuelos, con estos plazos, se quedan en el camino o se mueren de necesidad? Ricardo Carballal Gestal.