Onde están as nosas células nai?

Cartas al director
cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

UGR

03 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Busco as células nai do meu neno

No nacemento do noso fillo no 2008 en Santiago recollemos as células nai do cordón coa empresa Stem Cell. Todo saíu ben e, despois da análise que as consideraba viables, emitéusenos un certificado no que constaba que as mostras ían quedar almacenadas durante 20 anos no Medizinische Laboratorien de Bonn (MLB), en Alemaña. En todos estes anos non recibimos ningunha comunicación nin de Stem Cell nin do MLB. A finais do 2024 decidimos poñernos en contacto con Stem Cell para saber das nosas mostras e soubemos que a empresa como tal xa non existe porque foi absorbida polo MLB; non obstante, un antigo empregado dános un correo electrónico para comunicarnos directamente coa empresa MLB. Cal foi a nosa sorpresa ao recibir como resposta que a esta empresa non lle consta que as nosas mostras estean alí nin saben nada delas.

Mantivemos comunicación en varias ocasións, nas que nós achegamos a documentación que proba que as mostras foron enviadas e almacenadas en Alemaña polo MLB, laboratorio no que Stem Cell almacenaba todas as mostras que eran viables. O certificado emitido por MLB e asinado polo doutor Kruppenbacher (director do MLB, que comprou a maioría de Stem Cell no 2015) así o demostra. Ademais diso, hai numerosas probas da relación entre estas empresas (Stem Cell e MLB) co CBT, que é a empresa que a día de hoxe dirixe o doutor Kruppenbacher e que segue tendo un laboratorio en Bonn.

Aínda así, as respostas que recibimos seguen sendo as mesmas: o MLB non recibiu as mostras e temos que preguntar en Stem Cell onde están. Desexamos poder contactar con familias que recollesen as mostras en Galicia con Stem Cell nos primeiros anos (2006-2010) para poder intercambiar información sobre a localización e o estado das nosas mostras e saber se eles reciben o mesmo tipo de resposta ca nós. Para iso temos un correo: reclamacionmlb@gmail. familia Abuín Vázquez.

  El dilema de Marruecos

La reacción de Europa al exterminio en Gaza y Cisjordania es deplorable. División, ausencia de compromiso, hipocresía… Todo contribuye a que me sienta tremendamente avergonzado. Supongo que es el caso de los países árabes, en quienes habría de sumarse, además, un compromiso histórico con Palestina. El caso de Marruecos se me antoja dramático, con un pueblo supuestamente sensible a la masacre de Oriente Medio, rendido a la pleitesía para con Israel y EE.UU.

Qué dilema el de Marruecos, que tenga que perder su dignidad como consecuencia del cielo protector que le brindan los miserables. Enrique López.