Ministros e asesores misóxinos

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

Koldo García, el 23 de junio ante el Tribunal Supremo.
Koldo García, el 23 de junio ante el Tribunal Supremo. Pedro Nunes | REUTERS

10 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A misoxinia é un sentimento de odio e desprezo ás mulleres. Dáse predominantemente en homes, pero tamén hai mulleres misóxinas, que odian e desprezan a outras mulleres e mesmo a si mesmas. É un sentimento moi complexo.

Cando se incautaron os audios que Koldo García, exasesor do exministro de Transportes Ábalos, tiña gravados no seu estudio, quedou de manifesto o desprezo co que se referían non só ás mulleres da súa contorna, prostitutas ao parecer, senón ás mulleres en xeral. Nun deles di: «Si es con una camisa con botones, lo que hay que hacer es llevar el de tirantes, poner el pecho hacia el borde, abrir los botones, o uno... O la de lino que es transparente totalmente y que se vea el pezón por delante y buscar posiciones sin querer, cualquier posición que pueda venir bien para que se pueda ver la teta o se pueda ver culo o se pueda ver el dinero...». Noutro di: «Si os tiro un billete de 500 y te agachas delante mí». Que quere dicir? Que unha muller se pon a catro patas diante del por 500 euros?

Ademais de misóxinos, maltratadores e corruptos, non saben nin falar un castelán correcto. Son catedrática de Literatura Española e non podo evitar fixarme niso. Paréceme estar a oír un discapacitado mental ou un tipo ao que hai que enviar á escola de párvulos para que lle ensinen as regras de gramática máis elementais.

Vaia xoia de ministros e asesores. Unha verdadeira vergoña para o país que, en certo xeito, representan. A España de Cervantes, de Rosalía de Castro, de Pardo Bazán, de Antonio Machado merece mellores ministros.