«Para optar á presidencia do Goberno habería ter presidido un país de máis de 40 millóns de habitantes»
OPINIÓN
Concurso da fachada marítima da Coruña
É loable que os nosos xestores convoquen un concurso para redeseñar a fachada marítima da Coruña e que, con rigor exemplar, esixan aos profesionais que pretendan concorrer que acrediten unha solvencia técnica baseada máis en termos cuantitativos ca cualitativos. Concretamente, unha experiencia en traballos similares en cidades de máis de 150.000 habitantes, así como ter realizado edificios singulares cuxo orzamento fose superior a 100 millóns de euros. Un listón tan alto que deixa fóra á totalidade dos arquitectos coruñeses, á práctica totalidade dos galegos e á maioría dos españois. Así aseguramos que o encargo recaia nalgún mediático profesional internacional, con experiencia en deseñar grandes rañaceos ecosostibles e fachadas marítimas bioclimáticas en Riad, Dubái ou Singapur, que virá proxectar abraiantes solucións sobre unha cidade tan antiga, pequena e fráxil coma a nosa.
Ante semellante lóxica, propoño aplicar ese mesmo nivel de esixencia a toda a nosa clase política. Así, para ser alcalde, presidente ou ministro deberíamos esixir unha experiencia previa en cargos equivalentes: para optar á presidencia do Goberno, por exemplo, ter presidido anteriormente un país de máis de 40 millóns de habitantes e cun PIB superior a 1,5 billóns de euros, e así sucesivamente. Desta maneira poderiamos contar con candidatos da talla de Barack Obama, Angela Merkel ou mesmo Boris Johnson. Se teñen xestionado con solvencia grandes conflitos e crises globais, como non han poder resolver o tráfico en Monte Alto ou a inseguridade cidadá en Labañou? Cristóbal Crespo. a Coruña.
Maternidad
El telediario de TVE informaba de las «madres agotadas» por el frenético ritmo que les impone el trabajo, la atención al niño, o niños, y la paralela actividad del mundo moderno. Supongo que ese estrés incidirá en la ratio de 1,12 hijos por mujer que corresponde a España en lo que a maternidad se refiere.
Seamos honestos. Una información más correcta tendría en consideración a las mamás de las ahora madres protagonistas, que sacaron adelante, con ilusión y empeño, a la entrevistada y a uno o dos hijos más, sin tanto alarde ni aspaviento. Y eso que ahora empeñan a los abuelos en el cuidado de los retoños. Nunca hubo tanta ayuda pública para la atención de los bebés: un año de dispensa laboral, guarderías asequibles, escolarización temprana... Enrique López de Turíso.