Pulseiras cegas

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

OPINIÓN

FUNDACIÓN ONCE | EUROPAPRESS

08 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Estase a falar das pulseiras de seguimento de vítimas e agresores, e cómpre dar explicacións dos posibles fallos do sistema, baseado nunha combinación de medios de telecomunicación que interveñen nel. Son dous: a localización por satélite, GPS, e polas propias redes celulares. Estas, á parte de localizadoras, son o medio de transmisión. En todos os casos úsanse microondas que teñen limitacións físicas. Hai fallos porque hai zonas onde a pulseira queda cega: estruturas densas, muros grosos, vehículos metálicos ou ámbitos subterráneos atenúan ou bloquean as microondas. Puntualmente pode haber interferencias naturais —ou deliberadas— que prexudican os sinais, con perda de posición e de alerta, imposibilitando localización e comunicación.

Finalmente, fallos combinados —batería, manipulación e cobertura— crean un estado irrecuperable: sen localización fiable e sen canles de aviso, o sistema non pode protexer a vítima. Un túnel urbano, un soto con paredes de formigón ou unha zona rural illada fan silenciar a pulseira. Superar o problema require aumentos de infraestrutura (estacións base de radio terrestre e repetidores) non sempre viables polo custo. En resumo, a telemática (redes e informática) non pode con tanto. Convén recordarlles aos políticos que todo é cuestión de cartos.