«Parou o 100 % da gran obra pública e privada das sete cidades galega»

OPINIÓN

M. Moralejo

18 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Folga da construción

O 5 de novembro Galiza viviu unha folga da construción que pasará á historia. Non só pola súa dimensión, senón polo que revelou: o afastamento entre o que pasa nas obras e o relato da patronal, que difundiu que o 100 % do sector traballara con normalidade. Afirmación que choca diametralmente coa realidade: parou o 100 % da gran obra pública e privada das sete cidades galegas. Era sintomático que a patronal estatal adiantou ao día antes da folga a sinatura dos incrementos salariais estatais tras once meses de bloqueo. Pois ben, despois de medio século o sector desmentiu nun só día estar calado nin resignado, demandando melloras reais: salarios dignos, redución da xornada, xubilación anticipada e seguridade nas obras. Mais tamén puxo enriba da mesa unha reivindicación de fondo: a necesidade dun convenio galego da construción que permita negociar desde aquí aquilo que afecta ao sector, e que non o fagan desde Madrid as mesmas cúpulas patronais e sindicais que o levaron ao colapso. Mario Maceiras Dosil. Maceiras.