Chega tarde

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

Las ayudas de la dependencia tardan en llegar a las familias
Las ayudas de la dependencia tardan en llegar a las familias PEPA LOSADA

O pasado 26 de abril foi publicada nesta sección unha carta na que denunciaba a situación da miña nai, de 92 anos, á espera da resolución do seu expediente de dependencia. Naquela carta falaba en primeira persoa, por ela e por min, pero tamén por tantas familias atrapadas nun labirinto administrativo que non entende nin de dor, nin de urxencia, nin de dignidade. Pasou máis tempo e nada mudou. A denuncia foi publicada, a situación coñécese, os informes médicos foron remitidos, pero a resposta segue sen chegar. E cando a Administración coñece o problema e non actúa, a demora deixa de ser un simple atraso: convértese nunha forma de abandono.

Desde que solicitamos formalmente a valoración da dependencia pasou xa máis dun ano. A propia Xunta establece un prazo de seis meses para tramitar o procedemento, desde a valoración ata a resolución. No caso dunha persoa de 92 anos, con varias complicacións de saúde, ese incumprimento non é unha cuestión menor. O tempo administrativo pode ser lento; o tempo dunha persoa dependente non.

A miña nai sufriu neste período unha fractura de cadeira, un trombo pulmonar e unha perda evidente da súa autonomía. Hoxe precisa axuda para todo. Pero o expediente segue o seu curso, lento e frío, coma se detrás del non houbese unha vida fráxil nin unha familia ao límite.

Tamén hai que falar de quen coida. Cando o coidado recae nunha soa persoa, a vida convértese nunha vixilia permanente. Coidar con amor non debería significar enfermar tamén. A saúde mental dos coidadores non pode seguir sendo o dano colateral dunha Administración que chega tarde. Juan Carlos Brage Leira. A Coruña.