O CDG volve ó Principal

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

15 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O Centro Dramático Galego iniciou onte en Ourense as súas representacións de A cacatúa verde. A montaxe dirixida por Eduardo Alonso é unha adaptación da obra do austríaco Arthur Schnitzler, unha comedia ambientada no París da revolución francesa. Nos principais papeis de A cacatúa verde aparecen Celso Parada, Luis Zahera, Maxo Barjas, Belén Constenla ou Lino Braxe, entre outros. A representación pode verse en Ourense hoxe e mañán, ás 20.30 horas.