O certame reserva para os últimos días catro estreas absolutas en Galicia e a entrega de premios
22 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia segue a súa andaina con aplausos e boa resposta do público diante das taquillas. Na fin de semana Ribadavia mantivo o pulso ás praias e mantivo o nivel de público. Ademáis, esta Mostra serviu para demostrar que na vila abundan os escenarios improvisados como a igrexa sen culto da Madalena. A organización da Mostra insistía hai semanas que nesta edición a palabra era a raíña do teatro. Ben certo. Emoción na Madalena Ainda que a día de hoxe quedan por representar catro obras, as catro estreas en Galicia, a síntese da MIT nesta edición número dezasete e a do éxito da palabra. Tal e o caso de Cartas de Amor, diálogo que a noite do venres chegou a arrincar bágoas entre o público encolleito na igrexa da Madalena, e onde máis de cen persoas poideron entrar, lembrando as épocas de Abrente. Ainda que onte á tarde a caixa non estaba feita as previsións da organización falaban tamén da que ata o de agora a obra con máis público, Mar Revolto. Os asiduos da Mostra respaldaron coa súa presencia unha proposta escrita por Bolaño.