«Nunca o vin protestando nin tampouco enfadado»

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Elisa Nogueira, alcaldesa de San Cibrao

21 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A solicitude de concesión da medalla ó Mérito no Traballo para Manuel Gómez-Franqueira é un acto de xustiza, di Elisa Nogueira, alcaldesa de San Cibrao. «Algunha vez hai que facer homenaxes á xente que aínda segue a traballar. Despois, de pouco vale recoñece-los méritos», sentencia. -O apoio do seu concello ten un peso significativo. -Non podemos esquecer que algunhas das empresas máis representativas de Coren están no polígono e no Parque Tecnológico. Pero, ademais, moitos veciños do noso municipio tamén traballan nesta empresa. -Fala vostede dun home dialogante, intelixente e, sobre todo, discreto. -É verdade. Nunca o vin protestando e tampouco enfadado. Como empresario, algunhas veces as persoas fanse cargo ou heredan empresas que máis pronto ou máis cedo pechan. Afortunadamente neste caso non foi así, senon todo o contrario. Coren Segue a funcionar e cada día con máis pulo. -¿Como é a relación entre Coren e o concello? -Para min é unha industria modélica, que creou traballo para moitas personas e non da problemas. A postura da empresa cara ó concello sempre foi moi positiva, sempre fixo todo cos permisos oportunos, como tamén outras que hai que dicilo.