Pasado o 17 de Maio volve a soar o nome de Xaquín Lorenzo para as Letras Pasado a celebración do 17 de Maio e cando aínda se están a celebrar no país actos arredor da figura de Frei Martín Sarmiento xa comezan os «movementos» para recabar adhesións de cara a propoñer nomes para a próxima edición do Día das Letras. O Concello de Nigrán está a solicitar apoios a concellos e institucións para honrar a figura de Casares e Xaquín Lorenzo volve a coller forza.
22 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A iniciativa a prol do etnógrafo de Lobeira é unha vella demanda e, para moitos, unha adicación máis que merecida. Así se manifestaba o secretario da Fundación Otero Pedrayo, Manuel González, nunha tertulia en Radio Voz. Segundo González Somoza «a miña postura é personal, non ten nada que ver coa Fundación Otero Pedrayo coma institución. E preciso esto porque foi algo que non se tratou, aínda que se fose levado a unha xuntanza do padroado cónstame que contaría co apoio unánime da institución por ser Xaquín Lorenzo unha persoa moi querida na Fundación e alguén con méritos máis que suficientes para que se lle adique o 17 de Maio». Xaquín Lorenzo foi o gañador do primeiro Premio Trasalba e, en opinión de González Somoza, «é o herdeiro lexítimo da Xeración Nós. El foi quen tivo contacto con Risco, Cuevillas e Otero e o que diu continuidade ó seu traballo». Aínda que non está previsto promover oficialmente unha proposta para adicar a Xocas as Letras Galegas o secretario da Fundación Otero non descarta «levar este asunto a unha próxima xuntanza».