¿Vienes conmigo, corazón?

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

22 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

SEI que debo cambiar, pero a cabeciña non responde, obturada, frenética co asunto este dos mísiles e bombas e tomajós que revoan o Tigris, o Eufrates, a orixe da civilización, da cultura, da arte, das cousas eternas, Mesopotamia, digo. Os telediarios anuncian a guerra como espectáculo. Outro. Como se non fose suficiente o espectáculo político preelectoral que nos regalan los unos y los otros. Los unos son los de la guerra si. Y los otros los de la guerra no, que antes dijeron guerra si, cuando el Golfo, y Kuwait, ¿recuerdan ustedes? Eu, no asunto este, estou cos Verdes, cos Izquierda Unida, Cos Bloques. Polo menos gardan unha certa coherencia que o público elector vai agradecer. Eu, non. Eu só votarei aos insensatos. Se verdes, Izquierda Unida ou Bloque amosan certa insensatez, ganarán un votiño deste cidadán de Verín que está pensando, non é broma, censarse en Madagascar ou así. Nun lugar onde as estrelas non precisen insignias de Nunca Máis ou Non á Guerra. Onde o sol poida saír para todos. Onde unha lúa de ollos verdes inaugure, cada tarde, a alegría de estar vivos. Busco, desesperadamente, ese lugar. ¿Te vienes conmigo, corazón?