BALCÓN DE MOREIRAS | O |
06 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.DIXO o xornalista Ryszard Kapuscinki, recén galordoado co Premio Príncipe de Asturias que «a manipulación é o enemigo do xornalista». Quen enriba firma non é xornalista senón un simple escribidor, mais o «parentesco» cos xornalistas non é «político» senón de sangue. Ven todo esto a conto que nas escasas camiñatas á beira do río dos Muiños -e non do mal chamado Barbañica, cecais por algún técnico navarro-aragonés-, pertiño da miña casa en Ourense, teño que declarar, e declaro, que os políticos municipais que fixeron a canalización dende Villaescusa ata a desembocadura co Barbaña, do que é afluente (o Barbaña leva a fama e o Muiños a auga), merecen toda clase de plácemes polos ciudadáns que por alí de cotío pasean. O meu río dos Muiños onde me bañei de neno nos Ponxos -tamén o fixeron meus fillos-; onde de solteiro e xa de casado cos rapaces da man iamos a pescar boguiñas e algunha que outra troita que rubía dende o Pai Miño (hai que repoblar o meu río señor alcalde, vostede que todo o fai ben gracias a súa sensibilidade...); o meu río dos Muiños, necesita de algunha presa para que no verán a auga se manteña e podan vivir os peixes, as anguías... É unha ledicia camiñar pola beira esquerda e voltar polo vello camiño de Barbadás, ó que lle puxeron no seu entrongue con Marcelo Macías, camiño do Inrio, uns «enterados» da grande desfeita na época de Manuel Veiga como alcalde. Mais esa é outra historia. Hoxe agradecer, pois non me adico a manipular o ben feito, que ben feito está. Non esí o estacazo a Antonio Fidalgo. Sembra ventos, e recollerás tempestades...