A entidade recuperou as montaxes de Vidal Bolaño e Francisco Taxes O espectáculo baséase nas obras «Laudamuco, señor de ningures» e «O velorio»
23 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.?a inauguración da MIT 03 o director da Mostra, Rubén García, lembrou que houbo un tempo non tan lonxano no que Ribadavia foi a punta de lanza da loita pola democracia e a apertura cultural deste país. Aquela semente tiña un nome profético, Abrente, e uns autores perfectamente identificados -e nunca mellor dito porque máis dun tuvo que pasar por comisaría-. A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia é a herdeira dunha época na que os festivais de Abrente e os seus concursos foron o punto de encontro para a xente do teatro galego. Pasaron trinta anos desde aqueles primeiros certames e o Centro Dramático Galego non quixo desaproveitar a ocasión de homenaxear a aqueles autores, actores, directores e espectáculos que desembocaron na profesionalización da escena galega. E para eso escolléronse as dúas montaxes que marcaron coa súa estrea, en 1978, unha nova traxectoria da escea galega e a aparición das primeiras compañías profesionais: Laudamuco, señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño, e O velorio, de Francisco Taxes. O CDG creou con estas dúas obras a montaxe Daquel Abrente, que contou con Antonio Simón como director. O espectáculo poderase ver no auditorio do castelo de Ribadavia o vindeiro sábado. O director do CDG, Manuel Guede, presentará hoxe a montaxe en Ribadavia xunto con Antonio Simón e Rubén García.