¡Que vivan os romanos!

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

22 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O ESQUECEMENTO é a vocación desta provincia. E na Limia celébrano. Porque din que o tal Bruto botoulle valor, e cruzou o Lethes, e non olvidou. Na Limia non esquecen as fazañas de Bruto e festéxano con intelixencia, sentidiño e festa cachonda. Isto sucede días despois de que outra representante da Limia, Susana alcaldesa de Porqueira, declare no xulgado que ela non recibiu un tristísimo euro do Pepé, nin prebenda, nin favor. Porque Susana, espello desta provincia, fai as cousas polas ideas, polo ben do seu pobo, por altruísmo xeneroso, caramba. Qué provincia de coña, qué gran circo, qué delicia. Por estes motivos celebran o esquecemento en Xinzo. Porque olvidar é un dogma, unha relixión. E aquí olvidamos con facilidade. Isaac Vila sabíao antes de presentarse ás eleccións nas que arrasou. E Susana alcaldesa, a Margaret Thatcher de Auria, tamén o sabe. Todo se olvida, cariño. E o pobo seguirá votando o que vota. Porque o pobo é libre e vota o que quere ser. Así o declara o organizador do esquecemento: «es una fiesta del pueblo y para el pueblo». Como la democracia. Que vivan, pues, los romanos. Sufrían menos: ¡tenían el pecho de lata!