BALCÓN DE MOREIRAS
27 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.NISTE ANO de gracia, Ano Santo en Compostela, a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia adican o Día das Letras a don Xaquín Lorenzo que non Lourenzo como agora poñen os normativistas. Xaquín Lorenzo, Xocas, é merecente desta lembranza, tan tardía como xusta. Xocas, cando lle preguntaban si el era da Xeneración Nós -aqueles sabios bós e xenerosos, xa irrepetibles- respostaba: «Si, eu son o etcétera». Porque sempre falaban de Otero Pedrayo, Cuevillas, Risco, todos ourensáns é nados uns ó carón dos outros, e engadían, etcétera. Eu gardo no meu corazón galego -sin apelidos- a súa amizade sinxela. E tamén aquelas verbas escritas o cinco de octubre de 1984 e a propósito dun libriño meu -Orense- que Xocas me adicou: «E Manolo Rego fai de grato compañeiro neste percorrido por Ourense que nos ofrece na súa obra. Sabe evocar ben os lugares nos que a nosa cidade tivo e ten o asento máis cordial, do seu inmediato pasado, ese pasado que ainda gardaba a cordialidade que, por desgracia, vai desaparecendo nos tempos de hoxe». Así era don Xaquín: bó e xeneroso.