O PSOE ourensán

La Voz

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS MANUEL REGO NIETO | O |

23 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

OS pesoistas ourensáns -outra cousa son os socialistas que non son dise partido- están que se saen. Contaban coa pedrea e tocóulle o gordo. As desgracias, endexamais veñen soas... Teñen ante sí o Plan Galicia, que a decires deles dende hai tempo e cando non pensaban nin remotamente gañar, era todo un «invento» do PP. Un invento electoral, claro. E olla ti por onde, as cañas voltanse lanzas. Porque nise Plan (agora todo Cristo ten un Plan: Ibarretxe, Carod Rovira..., menos eu que xa vou vello para ter "plans") a nosa provincia esquencida de uns e outros entraba nunha serie de melloras. Ben. Pleitos teñas e os gañes. Gobernos de un en Madrid saiban que existimos. Que Ourense non soio é a cidade das tres cousas, senón un lugar onde paga a pena necer, vivir e morrer. ¡E que se lembren de un, recoño...!